Mostrando entradas con la etiqueta comunicación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunicación. Mostrar todas las entradas

13/3/09

Comunicación non verbal


Entramos, da man de Begoña Jamardo, experta en aspectos non verbais da comunicación, neste inquedante mundo da comunicación sen verbas.
Un acto de comunicación consiste, na súa meirande parte, en comunicación non verbal.
Aínda así, concentramos a nosa atención case con exclusividade nos aspectos verbais, en sutilezas lingüísticas, e descuidamos estes aspectos non verbais que tanto condicionan a eficacia, o éxito da comunicación.

10/1/09

¿Como se lerán os libros no futuro?

Seguramente moitos de vos xa o coñecedes, pero, para aqueles escépticos da lectura dixital, aquí lles deixo este fantástico vídeo da editorial Editis que nos adianta como se lerá no futuro. Posiblemente máis perto do que pensamos dada a exponencial evolución das TIC.

24/12/08

Stand by me


Playing For Change: Song Around the World Stand By Me from Concord Music Group on Vimeo.

I have not found a better way to wish you Bo Nadal e un venturoso 2009, Feliz Navidad y los mejores deseos para 2009, Bon Nadal i feliç Any Nou, Zorionak eta Urte Berri On, Joyeux Noël et Bonne Année, Buon Natale e Felice Anno Nuovo, Froehliche Weihnachten und ein glückliches Neues Jahr, Merry Christmas & Happy New Year...

En fin. Que todos/as poidades estar xunto a quen queredes. O único que importa.

16/12/08

Un "widget" curioso para practicar inglés

Preséntovos un curioso widget que pode resultar útil e entretido para practicar inglés. Programado con intelixencia artificial, podemos chatear nesa lingua con este robot chamado Alice. Seguro que ó alumnado lle sorprende comprobar como segue a conversa.Podedes comezar preguntándolle como se chama e de onde é.


Fonte: Leonor Quintana (El tinglado). Neste famoso e premiado blogue tedes interesantísimos materiais para a aprendizaxe de inglés e francés, entre outras materias.

30/11/08

Blogues: nas aulas?


Un dos obradoiros das xornadas de formación correu a cargo de Román Landín. A temática, as bitácoras, as posibilidades e potencialidade desta ferramenta para as aulas de linguas (tamén para calquera outra). Neste obradoiro, Román sinalaba tres premisas para achegarse a este mundo das bitácoras, na contorna que - dun xeito misterioso - chaman a web 2.0.

Non ter máis coñecementos que un usuario medio de internet
Ter unha vontade de inserir as TIC na práctica educativa
Saber da necesidade de facer confluír contidos propios e alleos

E así, con estes mimbres, púxose a facer o seu cesto. O caderno de lingua, unha bitácora.
Así é a experiencia de Román, profesor de Lingua en Cuntis. A súa bitácora é unha referencia de moito interese para profesorado de toda Galicia.
Así é a cousa. Cuestión de empezar.
Por certo, cal é a túa bitácora? como é a dirección da web do voso centro? O blogue da biblioteca? utilizas unha destas ferramentas co alumnado?

Queremos coñecer esas experiencias. Agardamos eses comentarios.

25/11/08

Para comenzar: as ideas forza.

Estas xornadas que vimos de rematar non deberan ficar aí, coma un recordo interesante. Antes ben queremos que sexan un primeiro paso dun camiño fructífero. Poderían ser un primeiro achegamento a estes conceptos tan esvaradizos:

  • As competencias básicas.

  • A competencia en comunicación lingüística

  • O plurilingüismo.
¿en que consisten?¿como se traballa?¿para que serven?
Coido que temos xa algunhas respostas, algunhas pistas.
Apuntarei unhas cuantas das que eu anotei como fundamentais.

As competencias básicas: unha cuestión de método.



Ideas clave. Ideas forza.

  • Traballo en equipo.

  • Aprendizaxe mediante tarefas.

  • Integración (no tratamento das linguas e da lingua nas áreas)

  • Inserción das novas tecnoloxías.

Coñecimos e achegámonos a varios recursos para esta liña de traballo:

  • O portfolio

  • O ensino CLIL.

  • Os programas europeos

  • O E-twinning


Que outras ideas importantes tiras da túa asistencia ás distintas conferencias e obradoiros? Escribe un comentario a esta entrada. Servirá tamén de saúdo.

Agardamos por eses comentarios.

Bilingüismo