Un dos obradoiros das xornadas de formación correu a cargo de Román Landín. A temática, as bitácoras, as posibilidades e potencialidade desta ferramenta para as aulas de linguas (tamén para calquera outra). Neste obradoiro, Román sinalaba tres premisas para achegarse a este mundo das bitácoras, na contorna que - dun xeito misterioso - chaman a web 2.0.
Non ter máis coñecementos que un usuario medio de internet
Ter unha vontade de inserir as TIC na práctica educativa
Saber da necesidade de facer confluír contidos propios e alleos
E así, con estes mimbres, púxose a facer o seu cesto. O caderno de lingua, unha bitácora.

1 comentario:
Pois eu son un blogueiro sin aula e, xa que vos atopei (con axudiña), permítome deixarvos aquí testemuña do meu recoñecemento deste tipo de proxectos.
Paréceme moi ben que os docentes deades definitivamente o paso para a utilización deste tipo de tecnoloxías como excelente medio pedagóxico. E paréceme moi ben polo feito de plasmalo nunha realidade práctica e sair xa dunha vez da teoría.
Parabéns
Publicar un comentario